¿Qué é musicoterapia?

A terapia con música é un PROCESO no que o paciente evoluciona de maneira persoal, realizando música ou escoitandoa, pero sempre a través dunha experiencia interna propia.

A terapia con música, dende un punto de vista clínico, pode realizarse de varias maneiras: unha delas é a que utiliza a música como medio para establecer unha relación entre o paciente e o terapeuta. Para isto é necesario que o paciente participe na música co terapeuta, que realice música con el.

Pero moitos dos que se acercan a esta disciplina preocúpanse ó pensar que teñen que facer música e que non saben tocar ningún instrumento, sen embargo en musicoterapia pensamos que todalas persoas teñen música dentro e poden exteriorizala con axuda.

Un dos principais recursos para traballar con pacientes que non saben música é a improvisación, esta permite ó paciente desenvolver aspectos e cualidades personais que a través da linguaxe verbal moitas veces non se poden expresar.

A música tamén é unha linguaxe. As características da música axudan á persoa a desenvolverse e a realizar un cambio en sí misma.
Estas características son, por exemplo, as seguintes:

- A música é unha linguaxe que impulsa á comunicación, que ofrece estructuras e que permite simbolizar. (Cualidades para desenvolver en persoas con autismo)
- O espacio musicoterapéutico é un espacio de expresión e dentro da sesión grupal é un axente socializador, ademáis permite relaxar e conter á persoa (Cualidades facilitadoras para persoas con depresión).
- En musicoterapia utilizase o traballo instrumental, e a música desenvolve a concentración. (Cualidades a traballar con persoas hiperactivas)
- A música é evocadora de imaxes, recordos (cualidades que axudan a persoas con alzheimer)

O que podemos destacar da música é sobretodo que ten un importante compoñente emocional. Todo ser humano ten música e a música non é só duns poucos, senón de tódalas persoas. Este compoñente emocional é a arma principal para a terapia con música.