Terapia con voz

Un dos instrumentos máis cercanos que poseemos é a nosa propia voz. Ademáis de ser o máis expresivo, é propio de todolos seres humanos. Non é necesario ser músico, nin saber música para cantar ou expresar cousas coa voz. A música pertence a todos e todos poseemos un instrumento para facer música, é o instrumento que máis rápidamente nos conecta coas nosas emocións: a voz.

Ademáis, a voz é un dos elementos que nos conectan co mundo exterior. A través da expresión da voz sabemos, dámonos conta rápidamente de cómo está unha persoa, da súa saúde, do seu estado de ánimo...

Por outro lado, a musicoterapia é a disciplina que utiliza a música para chegar ás emocións. A terapia a través do instrumento da voz permítenos tocar as emocións máis íntimas e personais, para descubrir un novo mundo de expresión e de comunicación cos demáis e con nós mesmos.