Musicoterapia de libre improvisación

O modelo de musicoterapia de libre improvisación está basado no traballo de Juliette Alvin.

Este modelo chámase musicoterapia de libre improvisación porque o terapeuta non impón ningunha regla, estructura ou tema para a improvisación do paciente, senón que lle permite soltarse no instrumento musical.

Desta maneira o paciente pode tocar o que queira e como queira, sentíndose totalmente libre para expresar e proxectar os seus sentimentos no instrumento, permitíndose a identificación con el.

Os intentos de que o paciente faga son libremente sobre o instrumento considéranse autoproxeccións, por iso non impoñemos ningunha norma (exceptuando comportamentos autodestructivos). Para o paciente, a improvisación libre significa ademáis unha expresión de confianza por parte do terapeuta.

A labor do terapeuta consiste en acompañar, seguir e apoiar con música a expresión musical do paciente.

Os problemas clínicos tratados por Juliette Alvin son: hiperactividade, auto-obsesión, obsesión polos obxectos, distracción, retraso da fala, non comunicación, problemas motrices, negativismo, fobias, obsesións, ataques temperamentais, agresións, tendencias suicidas... que ela concebía en termos de retraso do desenvolvimento, problemas de relación consigo mesmos e con outros e necesidade de liberación emocional. Para tódolos casos a improvisación musical é unha ferramenta de autocontrol e de profunda liberación e de expresión e comunicación co mundo. Estes son os OBXECTIVOS da libre improvisación.

As normas básicas para unha interacción con improvisación libre:

- O paciente necesita unha intervención non directiva. Non se lle di o que ten que facer. O paciente entra na música cando quere e a deixa cando quere. O terapeuta guía o apoia musicalmente.
- Non hai interacción verbal (exceptuando o nome do paciente...). O espazo é unha alternativa musical a outros tipos de expresión.
- Partimos do material musical que ofrece o paciente e non do que podería propoñer o terapeuta.

Teremos claros os obxectivos durante a intervención:

Os obxectivos formúlanse tras facer unha avaliación das necesidades do paciente.
Sen embargo, uns obxectivos xerais e común son:

- Permitir a autoliberación do paciente a través do espazo musical.
- Fomentar a comunicación co mundo a través da música.

Formato da sesión:

Ainda que se trata de libre improvisación é importante construir un marco que lle dea seguridade ao paciente e mantelo en tódalas sesións. O paciente precisa estrutura e percibir a diferencia entre a sesión de musicoterapia e outro tipo de actividade como pode ser clase de música.

- Benvida (pode ser unha canción coñecida polo paciente, unha canción inventada co seu nome ou calquera outra peza musical escollida por el...)
- Improvisación libre
- Despedida (calquera elemento consensuado mediante a repetición nas sesións para rematar a sesión.)